Monday 29 de April de 2024

Patrimonio valora positivamente a reforma interior do Castelo da Concepción en Cedeira


O Consello Territorial de Patrimonio da provincia de A Coruña informou favorablemente a proxectos e actuacións nos concellos de Cedeira, Betanzos, Ortigueira e Vedra

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia. Valorou positivamente na comarca de Ferrolterra o proxecto de reforma interior do Castelo da Concepción en Cedeira e a mellora da accesibilidade ao salón de plenos no concello de Ortigueira.

Ademais, en Betanzos autorizouse a a cubrición do patio exterior do aulario de Educación Infantil (EEII) na avda Fraga Iribarne, a mellora do pavimento e da seguridade vial na rúa Instituto Francisco Aguiar e a rehabilitación dos inmobles para vivenda de promoción pública en Cortaduría 4 e 6.

Dende o Consello territorial autorizouse tamén en Vedra a restauración do Cruceiro sito no lugar de Agrelo en Santa Cruz de Ribadulla.